Xeneral Sherman (árbore)
O Xeneral Sherman é unha sequoia xigante situada dentro do Parque Nacional da Sequoia en California, nos Estados Unidos de América. É a meirande árbore do mundo e tamén o organismo vivo máis grande que existe. A súa idade está estimada en 2200 anos.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi no ano 1879 cando o naturalista James Wolverton a bautizou como Xeneral Sherman na honra ó xeneral William Tecumseh Sherman.
Máis tarde, a asociación socialista Kawea Colony, estableceuse preto da árbore en 1880 e renomeouna como Karl Marx. Non foi até o ano 1931 que a árbore foi recoñecida como a máis grande do mundo despois dunha controversia con outra sequoia veciña coñecida como Xeneral Grant. Porén, a controversia volveu co descubrimento en 2006 de Hyperion, outra sequoia cunha altitude de 115,61 metros e polo tanto de maior altura que o Xeneral Sherman. Aínda así, o Xeneral Sherman segue a ser a maior árbore en canto a volume, que se considera como o criterio máis importante.
Características
[editar | editar a fonte]Medidas | Datos |
---|---|
Altura respecto á base | 83,8m |
Circunferencia na base | 31,1m |
Diámetro na base | 11,1m |
Diámetro a 1,50m da base | 8,25m |
Diámetro a 18m da base | 5,3m |
Diámetro a 55m da base | 4,3m |
Diámetro da póla máis grosa | 2,1m |
Altura da primeira póla grande dende o chan | 39,6m |
Extensión media da copa | 32,5m |
Masa estimada do tronco | 1,121 t |
Volume estimado do tronco | 1,487 m³ |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xeneral Sherman |